O conseller Josep Rull traballa con normalidade na consellaría

O conseller Josep Rull traballa con normalidade na consellaría
Josep Rull
Josep Rull  

O conseller de Territorio e Sostenibilidade e en funcións de Empresa e Coñecimento (relevou o demitido Santi Vila) fixo caso omiso ao seu decreto de destitución e está a traballar con normalidade no seu despacho este 30-O. 


Josep Rull non aceita o seu cesamento e esta segunda feira incorporouse como acotío ao seu despacho. Un chío do conseller mostra a vontade do Govern de continuar a traballar como se o artigo 155 non existise. 

 

E Carles Puigdemont? Ben, non hai ningunha foto que dea testemuño directo da súa presenza física no Palau da Generalitat -xornalistas destacados na Praça de San Jaume afirman non o ter visto entrar a primeira hora da mañá-, mais si hai unha imaxe da que se podería deducir que se acha dentro do palacio presidencial -nela vese a parte superior do edificio, a instantánea estaría tomada desde unha xanela-, feita circular por el desde a súa conta de Instagram. 

 

No está claro que a de Puigdemont sexa unha foto de hoxe, pois nela o ceo vese anubrado cando -informa NacióDigital- hoxe estaría máis ben despexado.

 

 



x