REFERENDO EN CATALUNYA

CUP autoincúlpase como coautora do 1-O e pide ser investigada

CUP autoincúlpase como coautora do 1-O e pide ser investigada
Albert Botran, Mireia Vehí i Benet Salellas [Foto: NacióDigital]
Albert Botran, Mireia Vehí i Benet Salellas [Foto: NacióDigital]  

A formación de esquerda independentista declárase “coautora e cooperadora necesaria” do referendum e envía un escrito ao xulgado en que demanda ser considerada parte investigada dentro das dilixencias penais abertas con relación á consulta autodeterminista.


A CUP apresentou esta segunda feira un escrito diante do xulgado de Instrución número 13 de Barcelona no que se declaraba “coautora e cooperadora necesaria” da organización do referendum do 1 de outubro. A formación da esquerda independentista catalá inculpouse así diante do xulgado e demandou ao titular do órgano xudicial ser considerada parte investigada.

 

Se ben para a CUP o referendum non pode ser considerado un delito, o certo é que existen dilixencias penais abertas, motivo polo cal a formación pide estar presente como actor político da votación. De acordo coa lei procesal, este feito permitiría á formación ter acceso ao expediente e poder demandar a práctica de dilixencias. A CUP achegou, aliás, unha lista de todo os actos previstos até o 1 de outubro co obxectivo de demostrar que non agochan nada.

 

A formación quer demostrar con esta acción a necesidade de facer fronte ao que consideran unha estratexia das institucións estatais contra o referendum e o independentismo. Retomando o fío da campaña “Sense por” [sen medo], a CUP busca facer evidente a falta de independencia dos xulgados e tribunais do estado en relación a aquelas propostas transformadoras que queren modificar o statu quo.

 



x