Dante Fachín: "A intervención de Iglesias en Podem é igual que a de Rajoy en Catalunya"

Dante Fachín: "A intervención de Iglesias en Podem é igual que a de Rajoy en Catalunya"
Albano Dante Fachín
Albano Dante Fachín  

Axigántase a fenda entre o secretario xeral de Podemos e o seu homólogo de Podem.


Contundente resposta de Albano Dante Fachín -secretario xeral de Podem, deputado de Catalunya sí que es Pot no Parlament- á decisión de Pablo Iglesias de convocar desde Madrid unha consulta ás persoas inscritas da formación morada no Principat sobre a política de alianzas.

 

O disenso xorde porque Dante Fachín abre a hipótese a unha confluencia co bloco soberanista, mentres Iglesias defende exclusivamente un acordo cos comúns de Colau.

 

En declaracións realizadas esta terza feira, o secretario xeral de Podem fai patente o océano que o separa de Iglesias: "A intervención de Iglesias en Podem é igual a de Rajoy en Catalunya".

 

A seguir, lembrou que o líder de Podemos "dixera que se el fose catalán non participaría no 1-O". "Embora iso, nós [por Podem] consideramos que tiñamos que participar, porque escoitamos a xente".

 

A respeito da consulta que convoca Iglesias desde Madrid, Dante Fachín declarou que, fose cal fose o resultado dese referendo interno, "a decisión xa está tomada" por Pablo Iglesias, en alusión aos planos da dirección estatal de Podemos de en ningún caso pactar cos soberanistas.

 

Dante Fachín anunciou finalmente que non vai participar no referendo interno por o considerar unha "consulta imposta" desde Madrid.

 



x