"NON PIDO PERDÓN. A BANDEIRA MIÑA É A REPUBLICANA"

A deputada de Podem que retirou as bandeiras españolas debe pedir perdón, afirma Pablo Iglesias

A deputada de Podem que retirou as bandeiras españolas debe pedir perdón, afirma Pablo Iglesias
Pablo Iglesias, durante a entrevista
Pablo Iglesias, durante a entrevista  

A parlamentar Àngels Martínez retirou do pleno do Parlament as bandeiras españolas que deixaron nos seus escanos os deputados do PP ao se ausentar do hemiciclo no momento da votación da lei do referendo. Martínez -que foi interpelada pola presidenta do Parlament, Carme Forcadell, para que restituíse as enseñas nas bancadas populares- debería pedir perdón, afirmou esta quinta feira Pablo Iglesias.


Pablo Iglesias deixou esta mañá dúas mensaxes sobre o pleno do Parlament en que se aprobou a lei do referendo. A primeira, que o Goberno español debe desbotar a vía represiva na abordaxe do problema catalán e debe procurar unha saída "política" e non "parapetarse detrás das leis". A segunda, que a deputada que discriminou entre as bandeiras española e catalá -retirando aquela e deixando estas no Parlament- debería pedir "desculpas" polo seu aceno.

 

Iglesias tamén deixou claro que a súa formación non apoia o referendo do 1-O: "O que ocorre en Catalunya resólvese cun referendo con garantías", isto é, cun referendo pactado con Madrid, perspectiva neste momento materialmente imposíbel dado o enroque centralista do gabinete Rajoy.

 

O líder das confluencias pide, en todo caso, a Rajoy que "non se escude na lei e na Constitución". "Non utilicemos nen a policía nen os xuíces para resolver un problema político. Un dirixente que se escuda tras os xuíces ou tras a lei é irresponsábel. Hai que escoitar. A actitude de búnker dalgúns tennos levado a esta situación".

 

Resposta de Àngels Martínez

 

Inquerida ao respeito -"vosté vai pedir desculpas", a parlamentar de Podem deixou claro que "non". "A miña bandeira española é a republicana. É pola que loitou o meu pai. É pola que morreron moitos familiares meus. É a bandeira que toda a vida defendín. Evidentemente a miña bandeira republicana non a retiraría nunca, ao contrario, o que quero é que volte", dixo.

 



x