A direita venezuelana non consegue mobilizar toda a súa base eleitoral no simulacro de referendo

A direita venezuelana non consegue mobilizar toda a súa base eleitoral no simulacro de referendo
Participantes na consulta opositora
Participantes na consulta opositora  

Os organizadores do referendo opositor afirman que na consulta tomaron parte 7.186.170 persoas. Como era de agardar, dado que se trataba dunha iniciativa promovida pola direita, o resultado foi esmagadoramente contrario ao proxecto de Maduro de convocar unha Asemblea Constituínte, cunha percentaxe por volta de 95 por cento de votos negativos.


O movimento bolivariano tomou boa nota da capacidade de mobilización da direita venezuelana, encoraxada após a posta en liberdade dun dos seus líderes, Leopoldo López.

 

Segundo os dados achegados polas forzas opositoras -imposíbeis de contrastar en fontes independentes-, terían tomado parte na consulta 7,1 millóns de persoas. É unha cifra a ter moi en conta, mais en todo caso inferior aos votos logrados pola direita nas eleccións á Asemblea Nacional de 2015 (7,7 millóns).

 

En todo caso, o obxectivo do bloco opositor con esta consulta era o de galvanizar a súa base eleitoral e o de deslexitimar a iniciativa de Maduro a prol dunha nova Asemblea Constituínte.

 

Mentres tanto, o movimento bolivariano realizou outra demostración de forza, un ensaio eleitoral das eleccións constituíntes que terán lugar a 30 de xullo. A participación foi masiva, embora o Consello Nacional Eleitoral non facilitase o número de persoas que tomaron parte nesta convocatoria.

 

 



x