Dúas persoas hospitalizadas, ataques a Catalunya Radio e un instituto, a resposta dos ultras á declaración do Parlament.

Dúas persoas hospitalizadas, ataques a Catalunya Radio e un instituto, a resposta dos ultras á declaración do Parlament.
Imaxe: @saulgordillo
Imaxe: @saulgordillo  

Dous mozos foron ingresados nun hospital en Barcelona após recibir unha malleira dun grupo de ultradereitistas, que tamén tentaron acceder a un instituto, onde agrediron a profesores.


A declaración de independencia feita polo Parlament esta sexta feira provocou a reacción dos sectores máis ultras do unionismo, que protagonizaron diversas accións violentas na tarde-noite. Medio milleiro de persoas tomaron parte na manifestación anti-independentista convocada por diversas entidades (entre ela a xenófoba PxC) na parte alta da cidade e para marchar dirección centro.

 

Por volta de 200 deses manifestantes, con bandeiras españolas, intentaron asaltar o instituto CIC, na Via Laietana, segundo confirmaron os Mossos. Neses momentos, dentro do centro había estudantes de primeiro e segundo de secundaria, producíndose momentos de tensión e medo. Os ultras, segundo recollen medios cataláns, terían agredido algúns profesores.

 

Posteriormente, este grupo de extrema dereita dirixiuse a Catalunya Radio, onde insultaron e ameazaron traballadores, ademais de romper varios cristais. Na serie de violencia protagonizada polos unionistas, tamén foi albo de ataques un equipo televisivo de BTV

 

Alias, dúas persoas tiveron que ser ingresadas nun hospital barcelonés por mor da malleira recibida a cargo de ultradereitistas no Passeig de Gràcia. Unha terceira persoa foi agredida na rúa Mallorca de Barcelona cando os traballadores dun bar berraron 'liberdade' ao paso dos ultra-dereitistas.

 

 



x