Ducias de miles de persoas maniféstanse en Barcelona en apoio ao 155 e contra a República

Ducias de miles de persoas maniféstanse en Barcelona en apoio ao 155 e contra a República

A Garda Urbana cifra en 300.000 as persoas manifestantes, un millón menos que o cálculo feito polos convocantes, Sociedad Civil Catalana. O ex-ministro socialista Jospe Borrel e o ex-secretario xeral do PCE, Francisco Frutos, os oradores.


 

Ducias de miles de persoas manifestáronse este domingo en Barcelona baixo o lema ‘Todos somos Catalunya’ nunha mobilización que foi todo un apoio á aplicación do artigo 155 e contra a proclamación da República catalá. Os convocantes, Societat Civil, cifraron a asistencia en 1.300.000 persoas, número que a Garda Urbana rebaixou a 300.000.

 

Representantes de PP. Ciudadanos e PSC encabezaban unha marcha na que, entre miles de bandeiras españolas, os berros a favor da unidade de España combinábanse cos de “Puigdemont, a prisión” ou “TV3, manipuladora”. O ‘Y Viva España’  de Manolo Escobar foi a canción redundante ao longo da marcha, xa todo un clásico das manifestacións unionistas.

Tres persoas resultaron feridas este domingo en Barcelona por agresións de ultradereitistas

Foi unha mostra de forza dos partidarios da unidade de España e un pistoletazo de saída cara ás eleccións do 21 de decembro. Os diferentes oradores incidiron no argumentario que os ‘constitucionalistas’ veñen expoñendo ao longo de todos estes meses. Así, a catedrática de Dereito Teresa Freixas falou da "imposición" nas escolas cataláns mentres que o ex-secretario xeral do PCE, Francisco Frutos, ligaba o independentismo co “racismo identitario”.Através dun chío, o PCE lembrou que o partido non facía parte da mobilización e afirmaba que Frutos "non nos representa. Reprobamos a súa actitude".

 

Pero o máis agardado era Josep Borrell. E o ex.ministro socialista non defraudou. Chamou a todos os presentes a unir forzas para “botar fóra o goberno nacionalista” nas eleccións do 21D, cualificou de “totalitario” a Oriol Junqueras e cargou contra Ada Colau por “ambigua”. Defendeu o 155 e pediu á xustiza que “faga pronto o seu traballo” contra os líderes independentistas. 



x