O Europarlamento aproba o Ceta

O Europarlamento aproba o Ceta
aunioneuropea
aunioneuropea  

Bruxelas dá finalmente o "si" ao tratado con Canadá. O acordo aínda ten de pasar polos parlamentos nacionais e rexionais.


O Parlamento europeo aprobou esta cuarta feira o acordo de libre comercio entre a Unión Europea e Canadá, o Ceta, por 408 votos a favor e 254 en contra. O tratado comercial foi asinado a finais de final outubro de 2016, en Bruxelas, após ter sido atrasado pola oposición de Valonia. O Europarlamento aprobouno agora, co que podería se aplicado a partir de abril, mais aínda trá que ser aprobado por parlamentos estatais e rexionais, nun proceso que analistas advirten que poderá levar anos.

O acordo comercial  comezouse a negociar a comezos de 2009. Foron cinco anos de negociacións. Bruxelas deféndeo como un pacto que vai favorecer Europa mentres que desde sindicatos, organizacións de esquerda e movementos sociais se ten criticado polo que implica: máis poder para as grandes empresas, recortes en dereitos sociais e laborais, primacía das multinacionais sobre as leis de cada país...

Gran coligazón

A aprobación do Ceta foi posíbel grazas aos votos da dereita e socialdemócratas. A representante do BNG en Europa, Ana Miranda, criticou unha “gran coalición” que “consolida dumping social, medioambiental e vai contra sectores produtivos de Galiza”.

Lidia Senra, de AGEe, votou en contra do Ceta e argumentouno na defensa “dun futuro para o meu pobo”. Criticou que o Ceta puxese “a soberanía dos pobos ao poé das multinacionais”, para alén de “`poñer en perigo a nosa vida, a nosa saúde , os nosos servizos públicos”.

 



x