Fillon imponse nas primarias da dereita francesa

Fillon imponse nas primarias da dereita francesa

O ex-primeiro ministro galo márcase como obxectivo 'reconquistar' o Elíseo para os conservadores.


É o máis parecido a Margaret Thatcher que pode dar Francia. Esta descrición de François Fillon atribúese a asesores do seu competidor nas primarias da dereita galega, Alain Juppé. Fillón impúxose nas primarias por unha aplastatante maioría, 66,5%, e sen ocultar quen é: liberal no económico e conservador no social. Na mellor tradición da 'Dama de Ferro' británica. Os máis de 4,3 millóns de votantes que tomaron parte neste proceso para elexir candidato conservador amosan o nivel de mobilización que a dereita está a imprimir para 'reconquistar' o Elíseo. Ese é o obxectivo de Fillón, que xa afirmou que a súa misión é poñer fin ao “patético” mandato socialista.

Entre as promesas do gañador das primarias, católico practicante, está a de convocar unha consulta sobre cotas e inmigrantes. Un tema que xoga no campo preferido para quen os medios sinalan como a súa gran rival nas presidenciais francesas, Marine Le Pen. Os prognósticos sinalan unha segunda volta entre a líder da Fronte Nacional e Fillon.

A esquerda non figura nas quinielas e o papel que xogará, ao igual que nas presidencias de 2002, será fornecer de votos ao candidato da dereita conservadora (agora Fillon, daquela Chirac) para que non gañe o da dereita extrema (agora Le Pen filla, daquela Le Pen pai). Hollande continúa a debullar a margarida de se se presenta ou non, mentres que Manuel Valls incrementa as súas declaracións presentándose como a mellor baza para o Partido Socialista.