A fiscalía belga ordenará a detención de Puigdemont

A fiscalía belga ordenará a detención de Puigdemont
Carles Puigdemont.
Carles Puigdemont.  

O goberno belga di que non interfire no proceso e que todo se desenvolve a través de contactos directos entre as autoridades xudiciais. 


A fiscalía de Bruxelas ordenará deter a Carles Puigdemont e os consellers Antoni Comín, Clara Ponsatí, Lluís Puig e Meritxell Serret, que poderán comparecer ante un xuíz desde o momento no que sexan privados de liberdade. O anuncio da fiscalía responde á solicitude das autoridades españolas, que reclaman aos cinco políticos cataláns investigados na Audiencia Nacional por delitos de sedición, rebelión e malversación de fondos públicos.

 

Segundo fontes da fiscalía belga, unha vez detidos e levados diante do xuíz, este disporá de 24 horas para tomar unha decisión sobre mantelos en prisión preventiva ou deixalos en liberdade condicionada. En calquera caso, o procedemento de extradición debería ser sometido a un tribunal de primeira instancia e despois adiarse polos recursos ate chegar a demorarse varios meses.



x