Un forte sismo en México mantén Centroamérica baixo alerta de tsunami

Un forte sismo en México mantén Centroamérica baixo alerta de tsunami
Imaxe @lopezdoriga
Imaxe @lopezdoriga  

O terremoto, de 8,1 na escala Richter, provocou no mínimo seis persoas falecidas e un número indeterminado de feridas.


Un forte sismo no sur de México, na zona fronteiriza con Guatemala, provocou no mínimo seis persoas mortas, entre elas dúas crianzas, e un número indeterminado de feridas. O terremoto tivo lugar pouco despois da media noite, hora local (sobre as 7.00 en Galiza). O Serviz Sismolóxico Nacional Mexicano indica que a magnitude do sismo chegou aos 8,4 na escala de Richter.

 

O sismo ocorreu 200 quilómetros ao Sudoeste de Tuxtla Gutiérrez, cidade que está a 830 quilómetros da Cidade do México e a case 600 quilómetros da Cidade da Guatemala, as capitais de ambos os países, onde o terremoto tamén foi sentido. É o sismo mais forte rexistrado desde 1985.

 

Ademais, confírmase que o tremor deu lugar á formación dun tsunami, para o cal están previstas ondas de até 3 metros de altura sobre o nivel medio do mar, o que podería afectar toda Amércica Central. 



x