A Garda Civil entra nas redaccións de varios meios por publicar o anuncio institucional do referendo

A Garda Civil entra nas redaccións de varios meios por publicar o anuncio institucional do referendo
Redacción de Vilaweb
Redacción de Vilaweb  

A maquinaria represiva non se concede unha tregua. Esta sexta feira, os aparatos do Estado cancelaron unha nova web -garantias.cat-, rexistaron máis unha imprensa na procura de papeletas e entraron nas redaccións de varios meios -PuntAvui, Vilaweb, NacióDigital e Racó català- por teren publicado o anuncio institucional do 1-O.


O Goberno español non só anunciou esta sexta feira a súa intención de intervir as contas da Generalitat, mostra de até que ponto é feble a autonomía catalá, senón que continuou a despregar múltiples accións que espellan a súa inequívoca decisión de inviabilizar a realización do referendo.

 

Nunha ofensiva coercitiva sen precedentes, esta sexta feira os aparatos do Estado fixeron o seguinte:

 

  • A Fiscalía abriu dilixencias contra o mitin de comezo de campaña que tivo lugar no serán da quinta feira en Tarragona e no que se reuniron por volta de 8.000 persoas. Nel tomaron parte os principais dirixentes independentistas, Carles Puigdemont e Oriol Junqueras.
  • A Policía española irrompe nun acto político de Anna Gabriel en Vitoria-Gasteiz e impide o seu normal desenvolvimento. O evento acaba por se realizar fóra do recinto en que estaba programado, coas persoas asistentes a enarboraren papeletas de votación.
  • A Garda Civil fecha o web Garanties-Cat -xa é o segundo sitio de internet oficial que clausuran en relación co referendo.
  • Rexistro dunha imprensa en Sant Feliu de Llobregat, na procura de papeletas ou material para a consulta.
  • A fiscalía cita os primeiros cinco alcaldes por colaboraren no referendo. Son os de Tortosa, Mollerussa, la Seu d'Urgell, Valls i Vilanova i la Geltrú.
  • A Garda Civil entra nas redaccións de PuntAvui, Vilaweb, NacióDigital e Racó Català, meios que teñen publicado o anuncio institucional do referendo. Os axentes entregaron aos responsábeis destas cabeceiras a providencia do Tribunal Superior de Xustiza de Catalunya que as alertaba de que podían incorrer en responsabilidades se daban acubillo á publicidade da consulta. É a segunda intervención contra un meio de comunicación após a entrada no semanario El Vallenc.

 

 



x