Saltar ao contido
1:45 h. Sexta feira, 19 de Setembro do 2014

Vota:

Hungría decreta a existencia de zonas prohibidas a persoas sen teito

O parlamento, dominado pola dereita e extrema dereita, aprobou unha lei que permite declararen zonas prohibidas a persoas sen teito. Human Rights Watch denuncia a criminalización deste colectivo e insta ás autoridades a "facer fronte á falta de vivenda a través dunha política social e non policial".

Redacción

O goberno de extrema dereita de Hungría e o seu primeiro ministro, Viktor Orbán , insisten na súa política de criminalizar as persoas sen teito . Xa en 2012 o Tribunal Constitucional de Hungría revogou unha lei similar á aprobada esta segunda feira no Parlamento húngaro pola maioría de dereita e extrema dereita contra as persoas sen teito .

Estímase que só en Budapest existen 4.000 persoas sen teito e 30.000 en toda Hungría.

A nova lei evoca a protección "da orde pública, da seguridade, da saúde e dos valores culturais" e dá a posibilidade ás autoridades locais de establecer zonas, sobre todo turísticas, prohibidas aos sen- abrigo, prevendo que posibles refuxios por eles construídos nestas áreas sexan destruídos.

Fano por eles

Hipocritamente , o goberno húngaro di que a nova lei e a criminalización dos sen teito é "sobre todo en interese das persoas sen teito", que " corren o risco de morrer de frío no inverno " se non "se abrigaren nunha casa de acollida " . O goberno de Hungría di aínda que aumentou os fondos para ampliar a capacidade dos refuxios oficiais para os sen abrigo.

En marzo pasado, a maioría de dereita e de extrema dereita no poder en Hungría introduciu unha emenda á Constitución para criminalizar as persoas sen teito 

 

Tessza Udvarhelyi, da asociación 'A cidade pertence a todos"', di que " as autoridades deben axudar os sen teito , atoparlles un traballo e aloxamento digno dese nome, non punilos" e subliña que " é un problema social, non un problema penal ". Udvarhelyi acusa o goberno de mentir, cando afirma que hai lugares suficientes nas casas de acollida e anuncia que presentará denuncia ante o comisario dos dereitos fundamentais e do Presidente da República.

Segundo as asociacións de dereitos humanos, as casas de acollida oficiais son sobre todo antigas vilas obreiras, en mal estado de conservación, onde a xente sen teito recelan ser roubadas ou agredidas .

Infrinxir leis da UE

A Human Rights Watch denuncia que o actual goberno húngaro infrinxe as leis e os valores da Unión Europea e os dereitos humanos. A organización de defensa dos dereitos humanos exemplifica co caso da criminalización das persoas sen teito.

A Human Rights Watch subliña nun comunicado que os municipios " teñen agora luz verde impoñer multas , servizo comunitario, e mesmo a pena de prisión (se é condenado dúas veces nun período de seis meses ) "a persoas sen teito.

Info tirada de Esquerda.net