Pablo Iglesias quer que no referendo catalán se vote a opción por un “encaixe constitucional diferente”

Pablo Iglesias quer que no referendo catalán se vote a opción por un “encaixe constitucional diferente”
Un momento da entrevista
Un momento da entrevista  

Nunha entrevista en Antena 3, o máximo dirixente de Podemos mostrou a súa oposición a un referendo binario, independencia si ou non, en Catalunya.


Pablo Iglesias defende que no referendo de setembro de 2017 se submeta a votación unha terceira opción -non só a de independencia si ou non. “Unha das respostas podería ser un encaixe constitucional diferente de Catalunya en España”, dixo.

Cumpre lembrar que a marca de Podemos en Catalunya se opón á realización dun referendo unilateral, isto é, non pactado con Madrid e que o partido morado defende a permanencia do Principat en España.

Iglesias dixo que no seu recente encontro en Madrid co presidente da Generalitat, o propio Carles Puigdemont tamén lle formulou a hipótese de no referendo haber tres respostas posíbeis e non só dúas.

Fontes da Generalitat consultadas por Vilaweb negan este extremo e afirman que, en todo caso, se finalmente o referendo se pactase co goberno español, as dúas opcións serían independencia ou a oferta que o Estado puxese sobre a mesa (e que en teoría sería un novo status de Catalunya dentro de España).