Irma perde forza na Florida após deixar máis de 30 mortos ao seu paso polo Caribe

Irma perde forza na Florida após deixar máis de 30 mortos ao seu paso polo Caribe

O furacán, agora de categoría 1, achégase a cidade de Tampa. 


O furacán Irma está a perder forza no seu paso por Florida, onde tocou terra após provocar unha trintena de mortos ao seu paso polo Caribe e inxentes danos mateiriais. No estado de EUA son no mínimo 3 as persoas falecidas en relación ao furacán, que chegou aos EUA tras pasar por Cuba. Seis millóns de persoas foran evacuadas por prevenciónen Florida. Após tocar terra nos Cayos, no extremo sur do estado, na que as autoridades xa falan de crise humanitaria, Irma foi perdendo forza. Con todo, e embora ese debelitamento, os ventos atinxen os 175 quilómetros por hora.

 

Hai enormes danos sen cuantificar e máis de tres millóns de clientes sen electricidade, 35% do total do estado. O nivel do mar aínda mantén Miami anegada. O aeroporto internacional seguirá fechado esta segunda feira. Á devastación únese o perigo agora das chamadas marexadas ciclónicas. Os servizos meteorolóxicos prognostican que o ciclón seguirá avanzando nas próximas horas cara ao oeste da península de Florida e pode afectar a grandes cidades coma Tampa. A partir desta terza feira, prevese que se desvíe cara ao sureste dos Estados Unidos.

 

As cifras de falecidos polo paso de Irma polo Caribe continúan en aumento xa andan na trintena. Once personas faleceron en San Bartolomé e San Martín, catro nas Illas Virxes de Estados Unidos, 4 nas británicas e un en Barbuda, en Barbados e en Anguila. Tamén houbo catro muertos en Turcos e Caicos, mentres que en Porto Rico tres persoas perderon a vida.



x