Junqueras e dous consellers denuncian maltrato policial durante o traslado a prisión

Junqueras e dous consellers denuncian maltrato policial durante o traslado a prisión

O avogado Van den Eynde pide aos axentes que sexan “valentes” e que expliquen o que lle fixeron a estes presos.


O avogado de Oriol Junqueras e de dous consellers de ERC encarcerados por orde da Audiencia Nacional na prisión de Estremera (Carles Mundó e Raül Romeva) anunciou esta sexta feira que presentará unha denuncia por maltrato aos seus clientes durante o seu traslado ao cárcere. O avogado, Andreu Van den Eynde, fixo este anuncio após se reunir por primeira vez cos seus clientes desde que estes entraran no cárcere.

 

O avogado pediu aos axentes que se encargaron de levar os consellers desde a Audiencia Nacional até as prisións que se foron “valentes” para facer o que fixeron aos seus clientes, teñan tamén a “valentía” para dar a cara e contar o que fixeron.

 

O avogado tamén dixo que, embora a situación "moi dura" na que se atopan estas persoas presas, están ben e sereos. Reiterou que a defensa presentará recurso contra de decisión da xuíz Lamela de decretar prisión incondicional.

 



x