O Kremlin nega que teña información comprometedora sobre o magnate


O Kremlin nega que teña información comprometedora sobre o magnate

Un portavoz de Vladimir Putin negou esta cuarta feira que Rusia reunise nos últimos anos información comprometedora sobre Donald Trump, tal e como si aparecería nun dossier entregado polo senador republicano John McCain ao FBI.

Dmitry Peskov dixo esta cuarta feira á imprensa que as informacións publicadas ao respeito só teñen como obxectivo danar as relacións entre Moscova e Washington.

Cualificou a noticia sobre o dossier -dada en exclusiva polo dixital Buzzfeed e atribuída a un antigo axente da intelixencia británica- como unha "fraude total" e un "obvio intento de danar as nosas relacións bilaterais".

Tamén negou Peskov que Rusia investigase Hillary Clinton: "O Kremlin non traballa na recolla de información comprometedora".

O dossier sería "pulp fiction", ironizou Peskov, quen empregou a mesma expresión -caza de bruxas- que está a empregar Donald Trump para desautorizar as pesquisas da intelixencia norteamericana.



x