DONALD TRUMP SOBRE AS AMEAZAS DE PYONGYANG:

“Se lle fai algo a Guam atoparase co nunca visto”

“Se lle fai algo a Guam atoparase co nunca visto”

O presidente norteamericano afirmou esta quinta feira que, de Corea do Norte atacar Guam, atoparíase “co nunca visto”. No seu encontro coa prensa, Donald Trump redobrou as súas ameazas e declarou que quizais a súa postura non fora o suficientemente dura ata o momento.


As tensións entre EUA e Corea do Norte continúan en aumento e non parece que a situación vaia mudar pronto. Trala recente ameaza de Pyongyang de atacar a illa de Guam, unha base estratéxica estadounidense situada no océano pacífico, Trump continúa belixerante. O plan parece estar listo e podería efectuarse en canto Kim Jong-un dese a orde.

 

A estas últimas ameazas, Donald Trump respondía que a ditadura norcoreana se atoparía co “nunca visto” se atacaba Guam ao tempo que afirmaba que Pyongyang “non vai seguir ameazando por aí”. A escala non para de medrar e mentres tanto, os países aliados chaman a calma. Fronte a opinión de que quizais foi moi duro, o presidente afirma que quizais non o foi bastante.

 

Todo isto acontece trala vitoria estadounidense na ONU, conseguindo que China aprobara no Consello de Seguirdade este pasado sábado 5 de agosto un paquete de sancións económicas contra Corea do Norte. Pese a que a versión oficial da Casa Blanca é que as palabras do presidente foran previamente discutidas, membros do círculo máis íntimo do mandatario afirmaron que a declaración os pillara por sorpresa.

 

A esta resolución da ONU, que supuxo un duro golpe para a ditadura norcoreana, Kim Jong-un respostou con ameazas ao país norteamericano. O xornal estatal publicaba un editorial (escrito antes da resolución no que declaraba convertir EUA “nun mar de lume inimaxinábel” no caso de que houbese novas penalizacións.

 

Donald Trump sacou de novo o seu lado belixerante e a vitoria diplomática deu paso a unha nova batalla nesta guerra, de momento, dialéctica. Porén, dende Washington afirman que neste intre EUA segue aberto a negociacións con Corea do Norte aínda que dende unha postura escéptica.

 



x