Máis de 40.000 manifestantes en Bilbo en apoio ao independentismo catalán

Máis de 40.000 manifestantes en Bilbo en apoio ao independentismo catalán
Manifestación de hoxe en Bilbo. Foto: naiz
Manifestación de hoxe en Bilbo. Foto: naiz  

Unas 44.000 persoas, segundo os cálculos de medios vascos, manifestáronse esta tarde baixo a chuvia en Bilbo para denunciar a involución democrática do Estado español e o seu rexeitamento da aplicación en Catalunya do artigo 155 da Constitución.

 


Á convocatoria de EH Bildu e os sindicatos nacionalistas acudiron tamén representantes de Podemos e Ezker Anitza-IU baixo o lema “Contra o 155. Democracia e dereito a decidir”. A marcha entre La Casilla e a casa do concello celebrouse sen incidencias. No remate, Zuriñe Hidalgo e Ramón Zallo leron un comunicado de solidariedade con Catalunya e reclamando unha resposta pacífica e democrática da cidadanía diante da “deriva autoritaria do Estado”. O texto tamén sinalaba a fiscais e xuíces que “actúan como apéndices do poder político ao berro de ‘A por ellos”.

 

“Defendemos que somos suxeito político, cuxo único límite debe ser o exercicio democrático da cidadanía vasca. Democracia é dereito a decidir, en Catalunya e tamén en Euskal Herria”, proclamaron os manifestantes. Na protesta participaron, entre outros, o coordinador xeral de EH Bildu, Arnaldo Otegi;  e os secretarios xerais de ELA e LAB, Adolfo Muñoz y Garbiñe Aranburu.



x