POR VOLTA DE 900 AUTOCARROS VANSE DESLOCAR A BARCELONA

A marcha pola liberdade dos presos políticos busca unha mobilización masiva como a das Diadas

A marcha pola liberdade dos presos políticos busca unha mobilización masiva como a das Diadas
Impresionante aspecto da Diada deste 2017
Impresionante aspecto da Diada deste 2017  Foto: Vilaweb

Todo indica que Barcelona voltará a viver este sábado unha enorme mobilización de masas. Están chamadas a se manifestar a partir das 17 horas polos colectivos soberanistas e baixo o lema de ‘Llibertat presos polítics. Som República’. Convocan ANC e Òmnium Cultural, cuxos presidentes están en Soto del Real desde o 16 de outubro pasado.


A marcha aspira a ser unha demostración de forza do soberanismo a cinco semanas da realización dunhas eleccións, as 'autonómicas' convocadas por Rajoy ao abeiro do artigo 155, que son cruciais para as forzas independentistas. Tenciona tamén enviar un recordatorio ao mundo: no Estado español, membro da UE, hai neste momento presos políticos, encarcerados por delitos -rebelión e sedición- que non lles son formalmente de aplicación -como se deduce da propia leitura do código penal español- e que non existen no estado, o belga, en que acharon acubillo Carles Puigdemont e os 4 consellers que o acompañan.

 

manifeA mobilización dará comezo ás 17 horas e estará encabezada, canda os dirixentes independentistas, polas familias dos presos políticos e dos membros do Govern no exilio.

 

A cabeceira da manifestación vaise pór en marcha no cruzamento das rúas Marina e Pujades e os seus convocantes teñen marcado como obxectivo encher Marina, o que significa que a mobilización pasará perto da Sagrada Familia e por diante da sede da Assemblea Nacional de Catalunya.

 

ANC e Òmnium agardan unha asistencia equiparábel ás das últimas diadas -isto é, por cima do millón de persoas-. Os dados de movimentación de autocarros -ANC confirmou na tarde de onte un mínimo de 900 rumo a Barcelona- son neste sentido alentadores.



x