Mireia Boya defende perante Llarena que a declaración de independencia “non era simbólica”

Mireia Boya defende perante Llarena que a declaración de independencia “non era simbólica”

O Tribunal Supremo deixa en liberdade e sen medidas cautelares á exdeputada da CUP.


O Tribunal Supremo deixou en liberdade Mireia Boya após declarar durante máis dunha hora acusada dun delito de rebelión. O maxistrado, Pablo Larena, non pediu ningunha medida cautelar contra a dirixente da CUP, que na súa declaración defendeu que a declaración de independencia do 27 de outubro “non era simbólica”. Tampouco a Fiscalía pediu medidas cautelares porque a exdeputada non ostenta cargo público.

 

Boya xa anunciara que “iría de cara” no Supremo e que defendería o dereito á autodeterminación do pobo catalán e a “lexitimidade” do proceso independentista.

 

Embora ficar en liberdade, afirmou que non está satisfeita “porque aínda hai catro presos políticos na prisión, hai catro persoas secuestradas polo Estado español”. A cupaire denunciou que o proceso xudicial contra o independentismo” non se sostén”.

 

No exteror do Supremo hou unha concentración de solidariedade coa militante independentista. Ademais de representanets de forzas soberanistas cataláns e vascas tamén estaban os deputados de En Marea no Congreso Alexandra Fernández e Fernán Vello. 



x