Montoro intervén as contas do Concello de Madrid ao abeiro do artigo 135

Montoro intervén as contas do Concello de Madrid ao abeiro do artigo 135

 O  Ministerio de Facenda asume un control semanal das contas públicas.


O Ministerio de Facenda remitiu unha carta ao concello de Madrid na que lle notifica que asume o control semanal das contas públicas municipais, ao entender que continúa a incumprir a regra do teito de gasto. Este control exercerase directamente en comunicación coa interventora do goberno municipal madrileño de Ahora Madrid.

 

Deste xeito, Montoro tutelará as operacións financeiras da corporación madrileña após que a semana pasada rexeitase por terceira vez o Plan económico e financeiro (PEF) presentado polo goberno de Manuela Carmena xa que considera que non está ben formulado e que continúa incumprindo a regra de gasto. O executivo de Ahora Podemos incumpriu, entende o goberno, o teito de gasto  ficado na Lei de Estabilidade desde o seu primeiro ano de goberno, en 2015, cuns 17 millóns de euros.

 

Para o executivo español, é constatábel que hai un incumprimento da regra de gasto que foi introducida a raíz da reforma do artigo 135 da constitución española en 2010 e da aprobación da Lei de estabilidade orzamentaria e sostibilidade financeira. 



x