O autor do atentado islamófobo de Londres berrou: "Quero matar todos os musulmáns"

O autor do atentado islamófobo de Londres berrou: "Quero matar todos os musulmáns"
atack
atack  

Unha persoa morta e 8 feridas nun atentado terrorista perto de dúas mesquitas en Londres. O agresor, que bateu contra as vítimas coa súa furgoneta, xa foi detido.


Un atropelo múltiple cunha furgoneta -cuxo condutor, de 48 anos, xa foi detido- acabou coa vida dunha persoa e feriu outras oito no norte da capital londinense. Os peóns gredidos achábanse perto de dúas mesquitas que se atopan perto de Finsbury Park.

 

O alcalde de Londres e o Consello Musulmán de Grande Bretaña falan de ataque islamófobo. O atentado prodúcese durante o ramadán e as vítimas eran fieis que acudiran a rezar ás dúas mesquitas que se achan na zona.

 

Unha testemuña dos feitos asegura que ouviu o agresor berrar: "Quero matar todos os musulmáns". 

 

As autoridades dan por feito que se trata dun atentado.

 

Para o alcalde de Londres, o musulmán Sadiq Khan, estariamos perante un atentado islamófobo, unha sorte de vendetta dos recentes ataques protagonizados en Londres por jihadistas.



x