O PP tentou que non se retransmitise a mobilización pola TV3

O PP tentou que non se retransmitise a mobilización pola TV3
Un momento da marcha
Un momento da marcha  Foto: Vilaweb

O PP formulou un recurso perante a Xunta Eleitoral para impedir que a TV3 retransmitise a marcha a prol da liberación dos presos. A formación unionista argumentou que a televisión catalá é a principal ferramenta de axitación do soberanismo. A Xunta Eleitoral rexeitou o recurso.


O recurso do PP carecía de forza ao existir un precedente -o da manifestación españolista do pasado 29 de outubro que foi retransmitida ao vivo pola TV3- sen que naquel momento o partido que lidera García Albiol en Catalunya apresentase ningún recurso.

 

Quer a manifestación unionista quer a soberanista foron convocadas após a chamada ás urnas feita polo Goberno Rajoy para o 21D ao activar o artigo 155.

 

A negativa da Xunta Eleitoral ao recurso do PP coñeceuse durante o desenvolvimento da manifestación.

 

Durante a marcha, e para alén das xornalistas destacadas nas rúas para cobrir o evento, dúas persoas comentaron para a TV3 esta nova xornada de mobilización soberanista, unha partidaria das teses unionistas e outra das independentistas.

 

 



x