SERMOS228

As preguntas que 2017 debe responder

As preguntas que 2017 debe responder
Donald Trump, presidente eleito dos EUA
Donald Trump, presidente eleito dos EUA  

Incertezas, riscos e retos entrecrúzanse para tecer a complexa maraña que describe a axenda internacional para o ano que vén de iniciarse. Sobre o 2017 paira a ameaza do agravamento das tensións xeoestratéxicas que podería abocar o mundo a un novo conflito bélico de escala mundial. Recollemos o que trae o novo ano a nivel internacional no Sermos Galiza 228. Eis un extracto da reportaxe.


O ano que vén de encetar fica envolto en importantes interrogantes. Que consecuencias terá a presidencia de Donald Trump? Continuarán a se intensificar as tensións xeoestratéxicas? Producirase un conflito bélico de escala internacional? Como vai resolver a UE a súa crise? Consolidarase o cambio de ciclo en América Latina? Superarase definitivamente a crise sistémica? Esas son algunhas das principais preguntas que o ano novo debe responder.

2Donald Trump tomará posesión como presidente dos EUA o vindeiro 20 de xaneiro. Cal será o efecto, tanto interno como internacional, do seu mandato é unha das grandes preguntas do ano. A principal dúbida paira sobre o seu programa de goberno e até que punto efectivizará algunhas das súas promesas electorais máis polémicas, como a construción dun muro fronteirizo con México, a expulsión de varios millóns de inmigrantes sen papeis, a ruptura cos tratados de libre comercio ou a redefinición do papel dos EUA no seo da OTAN e a súa relación con Rusia. As designacións do seu gabinete deixan entrever unha aposta na liña máis dura e reaccionaria da bancada republicana, mais a súa retórica tense temperado desde a súa sorpresiva vitoria electoral o 8 de novembro.



x