Puigdemont desde Bruxelas insta Europa a reaccionar perante o que cualifica de “atentado á democracia”

Puigdemont desde Bruxelas insta Europa a reaccionar perante o que cualifica de “atentado á democracia”

Nunha mensaxe transmitida por TV3, o president exixe a liberación dos membros do Govern, e afirma que a decisión da AN é un “golpe ás eleccións do 21D”.


Carles Puigdemont compareceu desde Bélxica na tarde desta quinta feira, nunha mensaxe transmitida por TV3 e na que pediu a liberación dos membros do Govern cesados por Rajoy e que a Audiencia Nacional vén de enviar ao cárcere. “Exixo a liberación do vicepresidente, dos consellers, o respecto de todas as opcións políticas e a fin da represión”.

 

A decisión da Audiencia Nacional é, dixo, “un golpe contra as eleccións do 21 de decembro” para alén dun “grave atentado á democracia” que mostra o nulo interese do goberno español “no diálogo”. Para Puigdemont non estamos perante un “asunto interno” polo que a comunidade internacional debe intervir, un chamado que centrou nomeadamente en Europa.

 

“Espéranos unha represión longa e feroz”, sinalou na súa mensaxe, afirmando que “entre reixas o goberno lexítimo de Catalunya é máis digno que quen o encarcera”. 



x