A GUARDA CIVIL VE INDICIOS DE PREVARICACIÓN E SUBORNO

A Púnica salfire agora Cristina Cifuentes

A Púnica salfire agora Cristina Cifuentes
Cristina Cifuentes, na recente festa de San Isidro
Cristina Cifuentes, na recente festa de San Isidro  

A este paso o PP madrileño vai ficar feito un solar. Despois da queda de Esperanza Aguirre e Ignacio González, chega a quenda de Cristina Cifuentes, a política que se apresentaba a si propia como rexeneradora do seu partido após abrir a denuncia que daría lugar á Operación Lezo. A UCO sinaláa agora como "partícipe nun asunto de corrupción vinculado ao Caso Púnica.


Unha parte do sumario do caso Púnica, a que ten a ver co financiamento irregular do PP de Madrid, xa non está baixo segredo de sumario, o que permitiu que esta terza feira se coñecese que a UCO (Unidade Central Operativa da Garda Civil) puxera o foco sobre a presidenta da comunidade autónoma de Madrid e inimiga número un de Esperanza Aguirre, Cristina Cifuentes.

Con efeito, a UCO chegou á conclusión de que Cristina Cifuentes foi "partícipe e coñecedora" dun "arranxamento" na adxudicación da cafetaría da Asemblea de Madrid.

A Garda Civil concluíu das súas pesquisas que Cifuentes participou en adxudicacións a Arturo Fernández ao mesmo tempo que este empresario financiaba Fundescam, entidade da que a líder conservadora era patrona.

A UCO atribúe a Cifuentes a comisión de presuntos delitos de prevaricación continuada e suborno.



x