GUERRA FRÍA ENTRE COREA DO NORTE E EUA

Pyongyang preparado para atacar unha base estadounidense en Guam

Pyongyang preparado para atacar unha base estadounidense en Guam

Corea do Norte afirma ter traballado nun plan para lanzar un mísil de medio alcance contra unha base aérea en Guam e que pode poñerse en marcha en canto o decida Kim Jong-un. Estas declaracións foron feitas poucas horas despois de que Donald Trump advertira a Pyongyang que despregaría “furia e lume” senón cesaban as ameazas. Porén, estas novas afirmacións parecen responder ao despregue de bombardeiros estadounidenses levado a cabo o pasado 8 de agosto.


A base situada na illa de Guam é un importante enclave militar estadounidense situado no océano pacífico. Un portavoz do exército norcoreano declarou que se está a examinar cuidadosamente un plan operativo con mísis de medio-longo alcance Hwasong-12 contra a illa, incluida a Base Aérea de Anderson.

 

Este tipo de proxectís teñen un alcance de entre 3.500 e 6.000 km, o que bastaría para alcanzar o territorio, no que actualmente viven ao redor de 160.000 persoas. Segundo Pyongyang, só faltaría a orde Kim Jong-un para que comezase o ataque.

 

Nas declaracións, a axencia norcoreana KCNA non fai referencia ás últimas palabras do presidente norteamericano polo que parecen ser resposta á presenza de bombardeiros estadounidenses sobrevoando Corea.

 

Este deplegue de forzas aéreas acontecía a terza feira 8 de agosto, data na cal varios bombardeiros norteamericanos B-1B voaban dende Guam ata Corea do Sur para demostrar nunha demostración de forza. Corea do Norte calificou estes actos como unha “manobra alocada” que simulaba unha guerra real.

 



x