A OFENSIVA DO ESTADO

O TC suspende cautelarmente a lei do referendo e a convocatoria da consulta

O TC suspende cautelarmente a lei do referendo e a convocatoria da consulta

Acaba de acontecer. Como se prevía, o Tribunal Constitucional aceitou a trámite os recursos do Goberno español e, no mesmo acto, suspendeu a lei do referendo e o decreto de convocatoria da consulta.


A Lei de Referendo, aprobada esta cuarta feira pola maioría absoluta do Parlament, acaba de ser suspendida con carácter cautelar por parte do Tribunal Constitucional, convertido de facto nunha prolongación do poder executivo no Estado.

 

O TC non só aceita a trámite os recursos formulados polo Goberno Rajoy, senón que dita unha orde en virtude da cal a Generalitat estaría obrigada a suspender os preparativos do referendo axendado para o 1-O.

 

 



x