Temer emproa novos recortes após a Cámara impedir que se lle investigue por corrupción

Temer emproa novos recortes após a Cámara impedir que se lle investigue por corrupción
Michel Temer
Michel Temer  

A mesma Cámara dos Deputados que derribou a Dilma Rousseff hai 11 meses salvaba esta cuarta feira Michel Temer, ao impedir que sexa procesado e afastado da presidencia durante un mínimo de seis meses. Sobre Temer pende unha denuncia da Fiscalía por presunto cobro de subornos. Non se logrou, nin de lonxe, reunir os deputados precisos para obrigar Temer a ter que deixar a presidencia. De feito, el obtivo o apoio de 263 deputados cando precisaba apenas 172. Un resultado que mostra o traballo desenvolvido nestas semanas polos seus partidarios e no que houbo todo tipo de prebendas, promesas e compromisos con parlamentarios a cambio do seu respaldo.

 

Para Temer, a decisión da Cámara foi "clara e incontestábel". "A decisión soberana do Parlamento non é uma vitoria persoal, senón propia constitución", afirmou, após ser coñecida a decisión.  Michel Temer xa anunciou que ía seguir co camiño das “reformas” que entende que o país precisa e que teñen unha nova fronte nas xubilacións.

 

Os políticos que apoiaron Temer xustificaron o voto a favor do presidente co argumento de que Brasil precisa de estabilidade política para saír da crise económica e que Michel Temer poderá ser xulgado no final do mandato.

 

A popularidade de Temer é de 5%, am peor dun presidente brasileiro desde o retorno da democracia en 1985. O 81 por cento dos brasileiros era favorábel a que Temer fose xulgado, segundo ese mesmo inquérito.



x