Torrent adía o pleno de investidura do Parlament

Torrent adía o pleno de investidura do Parlament
Roger Torrent, comparece no Parlament o 30 de xaneiro de 2018.
Roger Torrent, comparece no Parlament o 30 de xaneiro de 2018.  Foto: Parlament

A “vulneración de dereitos” por parte do Tribunal Supremo é o argumento co que o presidente do Parlament adiou o pleno de investidura previsto para hoxe.
 


Despois de que o xuíz Pablo Llarena prohibise a Jordi Sànchez asistir á Cámara catalá, Roger Torrent decidiu suspender o pleno. É a terceira vez que desconvoca a investidura, dúas con Sànchez como candidato e unha con Carles Puigdemont.

 

A maiores, o presidente do lexislativo catalán convocou unha xuntanza de urxencia da mesa para “avaliar a resposta política á vulneración de dereitos por parte do Supremo”. O propio Torrent proporá que o Parlament se querele contra o xuíz Llarena por “impedir a investidura de Llarena”.



x