O Tribunal europeo de dereitos humanos condena España por torturas

O Tribunal europeo de dereitos humanos condena España por torturas
Igor Portu no Hospital onde ingresou cando levaba 16 horas detido. Imaxe: Naiz
Igor Portu no Hospital onde ingresou cando levaba 16 horas detido. Imaxe: Naiz  

Igor Portu e Mattin Sarasola, detidos en 2006 acusados de pertenza a ETA, levaron a súa denuncia de torturas a Estrasburgo após a absolución polo Tribunal Supremo dos 4 garda civís condenados por torturalos


O 13 de febrero de 1981 falecía en Madrid, após sete días de ser torturado, o mozo vasco Joxe Arregi. Os funcionarios que participaron naqueles feitos non foron apartados dos seus cargos. Xusto 37 anos despois, 13 de febreiro de 2018, o Tribunal europeo de dereitos humanos (TEDH) condena o Estado español no caso das torturas denunciadas por Igor Portu e Mattin Sarasola, detidos en 2008 acusados de integrar o comando de ETA que atentou na terminal T4.

 

Estrasburgo condena o Estado español a indemnizar con 30.000 e 20.00 euros a Portu e Sarasola. Ambos os dous levaran a súa denuncia de torturas a Estrasburgo após a absolución polo Tribunal Supremo dos 4 garda civís condenados inicialmente pola Audiencia de Gipuzkoa por torturalos.

 

Hai outras sete sentenzas europeas anteriores contra o Estado español. Estas por non investigar torturas denunciadas por detidos vascos.

 

A sentenza considera que se vulnerou o artigo 3 da Convención europeo de Dereitos humanos, que indica que “ninguén poderá ser sometido a tortura nin a penas ou tratos inhumanos ou degradantes”. Para a corte europea está “suficientemente establecido” que as lesións descritas polos dous vascos detidos aconteceron cando estaban en mans da Garda Civil e engade que as autoridades españolas non presentaron argumentos “convincentes ou críbeis” para xustificar os danos sufridos polos detidos.

 

Os dous mozos de Lesaka foron detidos o 6 de xaneiro de 2008 acusados de pertencer a ETA. 16 horas despois da detención, Igor Portu ingresou nunha UCI do hospital Donostia. O parte médico indicaba que tiña un pulmón perforado, unha costela rota, hemorraxia nun ollo e hematomas en diferentes partes do corpo. Sarasola, de por parte, denunciou perante o xuíz da Audiencia Nacional que fora torturado durante os 5 días da súa detención.

 



x