Ucraína acusa Banda Bassotti de terrorismo por facer unha caravana solidaria a Donbass

Ucraína acusa Banda Bassotti de terrorismo por facer unha caravana solidaria a Donbass
Banda Bassotti e activistas da Caravana con poboación de Donbass
Banda Bassotti e activistas da Caravana con poboación de Donbass  

O goberno de Kiev solicitou a colaboración de executivos europeos para deter e extraditar activistas que tomaban parte nesta iniciativa impulsada polo coñecido grupo italiano de punk-ska. 


O goberno de Ucraína solicitou a través do seu ministerio de Exteriores a colaboración activa dos gobernos da Unión Europea para deter e extraditar medio cento de activistas de diferentes nacionalidades (gregos, españois, cataláns, italianos...) por considerar que violaban as leis antiterroristas de Ucraína por participar na caravana solidaria a Dombass organizada polo emblemático conxunto musical romano Banda Bassotti. Así o contan diferentes medios, como Directa.cat, que lembra que non é a primeira caravana impulsada por este grupo.

Na caravana deste ano participaron, somo indica o medio catalán, medio cento de persoas. Entre elas, a eurodeputada da Esquerda Unida Europea, Eleonora Forenza, secretaria do Partito della Rifondazione Comunista. Activistas de Italia, Grecia, Alemaña, Inglaterra ou mesmo Ucraína tamén apoiaron esta caravana solidaria.

En declaracións á Directa, un dos participantes explicou que a caravana tiña un obxectivo solidario e humanitario, de apoio á poboación de Donesk e Lugansk fronte ao acoso do goberno ucraíno. A caravana levaba medicinas, xoguetes e roupa, recollidos en campañas de solidariedade, para orfanatos de Dombass. Banda Bassotti ofrceeu varios concertos na zona, para alén de realziar diferentes actividades, como debates e palestras nas que tomaron parte representantes sindicais, de movementos sociais e da Universidade de Donetsk.

Banda Bassotti é unha emblemática banda italiana que sobarda o estritamente musical para erguer ser proxecto político-musical. Fundada a finais dos 80, no estado español comezou a se coñecer a raíz da publicación dos seus discos polo selo vasco Esan Ozenki. Desde entón, protagonizaron varias xiras pola península e actuaron en Galiza en varias ocasións.



x