EUA recoñece que está a avaliar diferentes vías para depoñer Maduro

EUA recoñece que está a avaliar diferentes vías para depoñer Maduro

O secretario de Estado, Rex Tillerson, afirma que o goberno estuda opcións para que o presidente venezolano abandone a presidencia.


Estados Unidos avalía diferentes escenarios e medidas que poidan levar a que Nicolás Maduro teña que saír da presidencia de Venezuela. O secretario de Estado de EE.UU., Rex Tillerson, afirmou nunha comparecencia ante a prensa que EUA ía intensificar as medidas para crear un “cambio de condicións” en Venezuela e sacar Nicolás Maduro do poder.

 

Estados Unidos avalía as diferentes opcións para xerar un cambio de condicións nas que Nicolás Maduro, dixo Tillerson, “decida que non ten futuro e deba marchar po contra porpia” ou ben “podemos devolver os procesos do goberno á súa constitución”. Caracas xa mostrou o seu malestar para con estas declaracións. Samuel Moncada, representante permanente alterno ante a OEA, acusou Tillerson de estar á procura do petróleo vebnezilano, lembrando que o actual secretario de Estado de EUA era até hai uns meses o director executivo do xigante petroleiro Exxon.

 

De por parte, O senador republicano Marco Rubio asegurou que se "EE.UU. non toma accións contra Venezuela, axiña toda América será gobernada pola esquerda". 

 

"Manipulación"

 

Segundo a empresa Smartmatic, que fornece o Estado venezolano de maquinaria e tecnoloxía de votación utilizado en numerosas eleccións por máis dunha década, houbo unha manipulación dos votos  informados polo Consello Nacional Electoral (CNE) nos comicios do pasado domingo para elixir a Asemblea Nacional Constituínte. "Grazas á existencia deste sistema de votación automatizado é que podemos saber, sen sombra de dúbida, que houbo manipulación de dato de participación nas eleccións da Asemblea Nacional ", dixo esta cuarta feira Smartmatic, nunha conferencia de prensa en Londres, Inglaterra.

 

Segundo a CNE, a participación foi dun total de 8.089.320 electores, que superou 7.505.338 sufraxios obtidos polo presidente Nicolás Maduro, en 2013, e case iguala os 8.191.132 votos obtidos por Hugo Chávez en 2012. "O que podo dicir é que as cifras oficiais e as que dan o sistema non oinciden", dixo o director da Smartmatic, Antonio Mugica. "Sabemos, sen ningunha dúbida, que os números de participación para a elección para a Asemblea Nacional Constituinte foron manipulados", dixo.

 

Tibisay Lucena, do Consello Nacional Electoral (CNE) dixo que as afirmacións da empresa  eran unha "aseveración irresponsábel con base en estimacións sen fundamento na data que manexa exclusivamente o Poder Electoral".



x