APUNTOU QUE O PRESIDENT NON ACUDIRÍA Á AUDIENCIA NACIONAL

Puigdemont e catro consellers piden declarar desde Bélxica

Puigdemont e catro consellers piden declarar desde Bélxica
Puigdemont e os seus consellers na comparecencia en Bruxelas [Foto: NacióDigital]
Puigdemont e os seus consellers na comparecencia en Bruxelas [Foto: NacióDigital]  

A xuíza da AN citounos a declarar esta quinta feira. O letrado Paul Bekaert asegura que Puigdemont està "combativo"e seguro de si propio.


Comeza a se estreitar o cerco xudicial sobre Puigdemont e o resto de membros do Govern. A xuíza da Audiencia Nacional Carme Lamela aceitou a trámite a querela apresentada contra eles polo fiscal xeral do Estado, José Manuel Maza, e cita o president e os consellers a declarar os próximos 2 e 3 de novembro.

 

En concreto Puigdemont é chamado a declarar a quinta feira 2 de novembro. O avogado belga de Puigdemont deixou entrever nunha entrevista nunha cadea belga que o president non acudiría a declarar. Pediu que sexa interrogado en Bélxica, onde se atopa. Haberá que ver agora se desde a AN se atende esa solicitude. 

 

De non comparecer perante a xuíza, fontes xurídicas indican que a Audiencia Nacional ditaría unha orde de procura e captura contra Puigdemont -Oriol Junqueras ou calquera dos consellers que non acudisen á citación.

 

De acudir finalmente, a xuíza podería ditar medidas cautelares após a declaración de Puigdemont, entre elas unha hipotética prisión incondicional, tal e como se fixo cos líderes dos colectivos soberanistas Jordi Sánchez e Jordi Cuixart, actualmente na cadea de Soto del Real.

 

Resto de membros do Govern e o Parlament

 

O escenario está aberto. Non se sabe que farán o resto de membros do Govern chamados pola AN para declarar 2 e 3 de novembro, así como os integrantes da mesa do Parlament: a presidenta Carme Forcadell, o ex-vicepresidente, Lluís Corominas, actual vicepresidente, Lluís Guinó, a vicepresidenta, Anna Simó, e os secretarios Ramona Barrufet i Josep Nuet.

 

 

 



x