PALABRAS CON MEMORIA

Aínda que aquí é o vencedor, mellor o humor malo que o mal humor

Aínda que aquí é o vencedor, mellor o humor malo que o mal humor
Nun grupo de xente sempre che hai alguén anufrado
Nun grupo de xente sempre che hai alguén anufrado  

Adoucisa.- Lea, barullo, belén.

Exemplo: Vaia adoucisa se armou ao saír do bar onte á noite!

Lugar de escoita.- Mosteiro e Meira.

Fonte.- Endl de Navia de Suarna/ Rubén Pol.

 

Anufrado/a.- Enfadado/a.

Exemplo: Está anufrado porque non lle regalou o móbil.

Lugar de escoita.- Navia de Suarna.

Fonte.- Endl de Navia.

 

Amarrexo.- Pelexa.

Lugar de escoita.- Boal (Asturies).

Fonte.- Begoña Macero.

 

Amurcar.- Anoxarse con rabia contida.

Lugar de escoita.- A zona de Valdeorras.

Fonte.- Ánxeles Ferrer.

Outros apuntamentos.- Quizais sexa unha variante de amurchar.

 

Asongar.- Cando unha persoa reclama a atención doutra intimidándoa e mesmo apupándoa. Exemplo:”Deixa de asongar”.

Lugar de escoita.- Riotorto (Lugo).

Fonte.- Blanca Besteiro García.(Recollida por A. Reigosa).

 

Batería.- (Ademais doutros significados) Batalla na que se utilizaban as pedras coma proxectís.

Lugar de escoita.- Lugo

Fonte.- Isidro Novo.

Outros apuntamentos.- Tratábase de batallas infantís entre barrios ou entre rúas.

 

Dar a recachas.- (Expresión) Como ten merecido, en condicións.

Lugar de escoita.- Carnota.

Fonte.- Vanessa García Calvo.

 

Palabras con Memoria é unha sección que coordena a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. Todo o material podes consultalo aquí.

 

Se queres achegar algunha palabra que non apareza nos dicionarios, dirixe as túas propostas ao correo palabra.con.memoria@aelg.org (indicando a palabra, a súa acepción e o lugar en que foi recollida) ou cobre este formulario.



x