“Ambuibérica pretende traballar en Galiza discriminando a quen usa o galego”, denuncia A Mesa

“Ambuibérica pretende traballar en Galiza discriminando a quen usa o galego”, denuncia A Mesa

Impide aos traballadores facer a comunicación coa empresa en lingua galega, segundo afirrma a entidade


A Mesa pola Normalización Lingüística informa que recibiu varias queixas sobre a empresa de ambulancias Ambuibérica porque, afirma, impídelles aos traballadores facer a comunicación coa propia empresa en lingua galega. A empresa argumenta que se deben de facer en castelán para “evitar erros”, segundo a MNL.

 

“Cando Ambuibérica mercou a empresa Ambulancias do Atlántico S.L.U., garantiuse que o persoal podería seguir empregando o galego para a comunicación interna coa empresa. Estas deberían ser realizadas por teléfono, fax ou correo electrónico. Houbo casos nos que traballadores e traballadoras tiveron que soportar como lles exixían novamente a documentación enviada porque yo no hablo gallego”.

 

Quer Ambuibérica quer Ambulancias do Atlántico S.L.U. son as encargadas de xestionar o servizo de transporte sanitario do 061 e do transporte hospitalario da área de Vigo, respectivamente, polo que deben prestar servizo coas mesmas condicións e teñen as mesmas obrigas que a administración pública. “Unha empresa non pode vulnerar os dereitos dos seus traballadores e neste caso, a Xunta de Galiza debe tomar cartas no asunto e impedir estas actitudes, pois están a prestar un servizo para a administración pública”, mantén A Mesa.

 

Marcos Maceira, presidente da entidade, apuntou que “a Consellaría de Sanidade e a Secretaría Xeral de Política Lingüística deben implicarse e impedir que a empresa vulnere lexislación básica en materia de dereitos laborais e lingüísticos”.

 



x