PALABRAS CON MEMORIA

Aquí nada de ratos: soamente cans e gatos

Aquí nada de ratos: soamente cans e gatos
Os gatos que non cazan ratos son pousavacas
Os gatos que non cazan ratos son pousavacas  

Chacurro.- Can.

Lugar de escoita.-  Bergantiños e noutras zonas da Galiza rural.

Fonte.- Alberte Suras.

Outros apuntamentos.- É moi posíbel que derive da xiria dos canteiros. Nalgures tamén se utiliza para referirse ao gato.

 

Cucín.- Cadeliño.

Lugar de escoita.- Navia de Suarna.

Fonte.- Toño Núñez.

 

Dar.- (Ademais dos significados coñecidos) Emprégase para indicar que o can ladra para defender a casa do dono. 

Exemplo: “O can dá a casa”.

Lugar de escoita.- Moraña e bisbarra.

Fonte.- Xosé Monteagudo.

 

Gucho.- Lugar onde dormen os cans. 

Exemplo: "Botei o cuzo para o gucho porque estivo facendo traxugadas todo o día”.

Lugar de escoita.- Navia de Suarna.

Fonte.- Rosalía de Vilaquinte .

 

Man/mao (dar a).- Na xerga dos cazadores, deixarse coller. 

Exemplo: “Teño unha cadela que non dá a mao”.

Lugar de escoita.- Rodeiro (Pontevedra)

Fonte.- Andrés Lombardía Crespo.

 

Pousavacas.- Dise do gato que non é murador (cazador), inútil.

Lugar de escoita.- Ribeira de Amandi (Lugo).

Fonte.- Andrés Lombardía Crespo.

 

Tombo de gato.- Pirueta no chan. 

Exemplo: “Na clase de ximnasia estivemos dando tombos de gato”.

Lugar de escoita.- San Mamede de Carnota.

Fonte.- Mar Llinares García.

 



x