A Deputación da Coruña apoia o proxecto A Liña do Galego

A Deputación da Coruña apoia o proxecto A Liña do Galego

A iniciativa busca a defensa dos dereitos das persoas galegofalantes.


A Deputación da Coruña e a Mesa pola Normalización Lingüística colaboran na defensa dos dereitos das persoas galegofalantes a través do proxecto A Liña do Galego por medio dun convenio polo que a institución provincial destina, a través 25.000 euros ao proxecto.

 

A vicepresidenta da Deputación e responsable da área de Cultura e Lingua, Goretti Sanmartín, e o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceiras, rubricaron o acordo nun acto en que tamén participou a responsábel comarcal da Mesa na Coruña, Xela Armas.

 

“Para o goberno da Deputación da Coruña a normalización lingüística é unha prioridade, como se comproba en iniciativas como a recente aprobación da primeira Ordenanza de Usos do Galego que contribuirá de forma decisiva ao uso da nosa lingua na administración”, explicou Goretti Sanmartín.

 

Pola súa parte, o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceiras, subliñou que o a Liña do galego que se financia por medio do convenio “é un servizo cada vez con máis demanda que permite á cidadanía exercer os seus dereitos lingüísticos nunha iniciativa que quere concienciar sobre a necesidade de cumprir a legalidade lingüística”.

 

A Mesa puxo a disposición da cidadanía no ano 2007 un servizo de telefonía gratuíto, dende o que se poden tramitar calquera tipo de dúbida relacionada cos dereitos legais como 



x