Os equipos de normalización lingüística coñecen a contía das axudas a piques de rematar o curso

Os equipos de normalización lingüística coñecen a contía das axudas a piques de rematar o curso

Educación vén de  comunicar aos equipos de normalización de 867 centros de ensino a contía da axuda pedida para realizar actividades de normalización lingüística ao longo do curso que remata agora. Unha comunicación que fai cando falta apenas unha semana para que o curso poña o ramo e comecen as vacacións.

 

Para CIG-Ensino esta actitude da Consellaría non fai senón amosar o “desprezo” polo galego e polo traballo do profesorado e dos Equipos de Normalización Lingüística. O pasado ano publicaron esta resolución a vinte días de rematar o curso. Este, a dez.

 

“Pouco, moi pouco, poden facer estes centros coa axuda concedida, que para máis de 57,5% dos centros, un total de 499 que atenden a máis de 118.500 alumnos e alumnas, non supera os 350 euros (a contía máxima concedida é de 800 € a catro centros). Por iso, a maior parte do traballo ten que ser levado adiante coa enorme voluntariedade e imaxinación do profesorado dos equipos”.

 



x