A Fegamp apoia a ILP polos dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico

A Fegamp apoia a ILP polos dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico

Así llo transmitiu o presidente da Federación galega de municipios e provincias á Mesa pola Normalización Lingüística. A entidade tamén mantivo reunións co secretario xeral de Política Lingüística e o PP, que mostraron receptividade cara a esta iniciativa. 


A ILP para garantir os dereitos do galego no ámbito socioeconómico continúa a sumar apoios. Para alén das por volta de 25.000 sinaturas acadadas e do respaldo de persoeiros de ámbitos da economía, a cultura, a sociedade e a política, esta iniciativa lexislativa popular segue a ampliar voces a favor. Unha delas, a da Federación Galega de municipios e provincias (Fegamp). O seu presidente Alfredo García, transmitiulle á Mesa os seus parabéns polo bo traballo realizado na divulgación da ILP e recollida de sinaturas, para alén de asegurar que “desde a Fegamp teñen todo o apoio para a iniciativa”.Un apoio trasladado nunha xuntanza mantida esta cuarta feira.

sxpl a mesa valentín gtarcía maceiras

Non foi esta a única reunión que decorreu neste día. O presidente e a secretaria xeral da Mesa pola Normalización Lingüística Marcos Maceira e Mónica Pazos, reuníronse tamén co secretario xeral de Política Lingüística (SXPL) Valentín García, e cos deputados populares César Fernández, Teresa Mosquera e Carlos Crespo para presentarlles a Iniciativa Lexislativa Popular (ILP). Segundo A Mesa, Valentín García mostrou a receptividade do departamento que dirixe ante a proposta e destacou o “amplo apoio popular acadado pola Asociación”.

a mesa PP

Na reunión co Grupo Parlamentar do Partido Popular representado polos deputados César Fernández, Teresa Mosquera e Carlos Crespo, estes mostraron a receptividade do grupo cara á ILP, segundo a entidade presidida por Marcos Maceiras

 

As vindeiras xuntanzas serán coa Dirección Xeral de Consumo, co grupo parlamentar de En Marea e co presidente do Consello da Cultura Galega. 



x