"Sobre o galego, debemos mudar de estratexia xa!"

"Sobre o galego, debemos mudar de estratexia xa!"
Belén Tajes
Belén Tajes  

Belén Tajes é a voz de Luar na Lubre. E esta segunda feira únese ao coro de #VenhanMáis5


-Como avalías o estado actual do galego?

-O estado da língua é crítico. Debemos mudar de estratexia, xa!. A língua estase convertendo nun gueto. Nas cidades propicianse estes "guetos en galego" programando eventos culturais onde hai tan só un par de artistas representativos do país, e non é por falta de propostas ou proxectos.

Por outro lado, hai outra problemática á que se enfrentan as e os galegofalantes, xa que unha gran maioría considera que é corrente a exclusión do seu idioma en algo tan cotián como as facturas da compra, a atención telefónica, etc. En Galiza hai moito descoñecemento sobre os dereitos lingüisticos.

Queda moito por pelexar, sobre todo, cando desde a Xunta non chegan políticas lingüisticas que dean solucións. Debemos protexer o galego e tamén permitir que chegue ás crianzas e ás escolas infantís, nas grandes cidades, a oferta educativa en galego é case inexistente. Hai alumnado que non escoita galego até chegar a primaria.

-Que evolución agardas da lingua a cinco anos vista?

-Gustaríame ter esperanza, pero se non hai un cambio radical en termos de educación, cultura ou política lingüisticas, aquí non só non vai mudar nada, senón que imos ir a peor. Precisamos ser máis responsábeis ca nosa língua, ten que ser unha cuestión social e emocional. Temos que implicarnos sí ou sí.

-Que esperas de Sermos nos próximos cinco anos e en que cres que debemos e/ou podemos mellorar?

-O Sermos é unha referencia, sobre todo polo seu compromiso ca língua e con Galiza. Considero que é un medio accesible e necesario. Espero que en cinco anos poidades facer edicións diarias do Sermos Galiza e que haxa menos, ou ningunha noticia relacionada coa discriminación lingüística. 

 



x