Gmail, xa disponíbel en galego

Gmail, xa disponíbel en galego
Android
Android  

 

Mallando no android confirmou que a dirección do operador vén de disponibilizar a nosa lingua entre as máis de 70 en que se pode empregar o servizo de correo. 

O servizo de correo electrónico de Google, Gmail, xa pode habilitarse en lingua galega. Así o confirmaron desde o consello editor de Mallando no android a Sermos Galiza

A dirección de Gmail comezou a traballar após a petición que lle foi remitida coa campaña #AndroidEnGalego e coa que Mallando no Android quixo aumentar o número de servizos que Google desenvolve en lingua galega. A partir desta segunda feira (6 de xullo) o noso caixote de correo-e pode visibilizarse na lingua propia. 

Para o faceres só hai que premer en Configuracións e elixir como opción 'Galego'.