A ILP polos dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico segue a sumar apoios

A ILP polos dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico segue a sumar apoios

Consello da Cultura Galega e a directora xeral de Conercio e Consumo amosaron a súa receptividade coa iniciativa. En Marea apoia a súa toma en consideración.


A Mesa pola Normalización Lingüística continuou coa rolda de presentacións da ILP ‘Sentido Común’ para a garantía de galego no ámbito socioeconómico, unha iniciativa que logrou xa 25.000 sinaturas de apoio. A entidade mantivo esta quinta feira encontros coas deputadas Paula Vázquez Verao, Ánxeles Cuña e Luca Chao, do grupo parlamentar de En Marea; así como con Sol María Vázquez Areal, directora xeral de Comercio e Consumo e María Jesús Muñoz Chesa xerente do Instituto Galego de Consumo. A reunión co presidente do Consello da Cultura Galega Ramón Villares e Dolores Vilavedra, coordinadora da sección de lingua; puxo o ramo á xornada. Aos encontros acudiron acudiron o presidenta da Mesa Marcos Maceira, e o coordinador de zonas Paulo Filgueiras.

a mesa ILP en marea

En Marea anuncioulle aos representantes da Mesa o seu voto favorábel á iniciativa lexislativa  no debate de toma en consideración polo Parlamento , engadíndose así á confirmación de voto mostrada esta semana polo BNG e PSdG-PSOE e ao apoio da Federación galega de municipios e provincias

 

A directora xeral de Consumo e a xerente do Instituto Galego de Consumo mostraron a súa disposición e compromiso de estudo e valoración da proposta así como a vontade destes departamentos de establecer liñas de acción xunto á Mesa para a información e difusión do dereito ao uso do galego nas relacións comerciais en Galiza.

DSC07653

De por parte, Ramón Villares e Dolores Vilavedra, do Consello da Cultura Galega, transmitiron a vontade da institución de contribuír ao avance do dereitos lingüísiticos e deron os parabéns polos amplos apoios conseguidos.

 

A Mesa continuará a rolda de presentacións a semana próximo co Presidente da Confederación de Empresarios de Galiza, Antón Arias.



x