A ILP polos dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico supera xa as 20.000 sinaturas

A ILP polos dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico supera xa as 20.000 sinaturas
Imaxe de @contradiscurso
Imaxe de @contradiscurso  

Inicia a recta final de recollida de apoios con postos en diferentes localidades do país.


A iniciativa lexislativa popular (ILP) ‘Sentido común’, que promove A Mesa para garantir os dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico inicia a súa recta final na fase de recollida de apoios. Faino após lograr máis de 20.000 sinaturas, o duplo da cifra mínima exixida, mostra do apoio popular a esta iniciativa, plasmado na firma de miles de persoas ao longo destes meses nos diferentes puntos de Galiza.

 

A campaña terminará a finais de setembro coa presentación da sinaturas no Parlamento de Galiza. A partir dese día día ficarase a data do debate para a súa toma en consideración polo Parlamento.

 

Con esta iniciativa A Mesa pretende impulsar un desenvolvemento legal que fixe o contido mínimo dos dereitos lingüísticos nas relacións comerciais, xa que a súa inexistencia, malia ser o galego unha lingua cooficial en Galiza, provoca situacións de vulnerabilidade, indefensión, denegación da atención e na prestación dos servizos.

 

Os lugares nos que estará a entidade serán:

Tomiño: 6 de setembro, praza do Seixo de 10:30 a 13:30

Ourense: 6 de setembro, rúa do Paseo de 18:00 a 20:00

Ferrol: 7 de setembro, praza de Armas de 11:00 a 14:00

Lugo: 7 de setembro, praza de Santo Domingo de 12:00 a 14:00

Santiago: 8 de stembro, praza do Toural de 11:00 a 13:30

A Coruña: 8 de setembro, Mercado dos Mallos de 11:00 a 13:30

Fisterra: 8 de setembro, paseo da Ribeira de 18:00 a 21:00

A Laracha: 9 de setembro, paseo marítimo de Caión de 17:00 a 19:00



x