Con luz vense claras as cousas (e se a ten quen mira, moito máis)

Con luz vense claras as cousas (e se a ten quen mira, moito máis)
Amencer no Caxado [Foto: CC BY-SA 3.0]
Amencer no Caxado [Foto: CC BY-SA 3.0]  

Aculumbrar.- Amencer o día.

Exemplo: Hai que erguerse, que parece que xa está a aculumbrar.

Lugar de escoita.- Navia de Suarna.

Fonte.- Endl de Navia de Suarna /Raquel de Son.

 

Derrubear.- Poñerse de cor rubia (colorado/a). Tamén hai a variante derrubiar.

Exemplo: “Olla o que derrubea alá no teso do Castro”.

Lugar de escoita.- Zona de Navia de Suarna.

Fonte.- Endl Navia de Suarna.

 

Destello.- (Ademais de significados xa rexistrados) Día non anubrado.

Lugar de escoita.- A Fonsagrada.

Fonte.- Suzana do Páramo.

 

Encendeita/o.- Participio sinónimo de acesa/o ou acendida/o: “A cociña (ou a luz) está encendeita”.

Lugar de escoita.- Nebra (Porto do Son), a unha muller de 40 anos.

Fonte.- Anxo Tarrío.

Outros apuntamentos.- A fonte indica que foi escoitada con seseo: “ensendeita”.

 

Rubieis.- Néboas avermelladas que se forman no amencer ou no solpor.

Lugar de escoita.- O Courel.

Fonte.- Dun vocabulario courelao.

 

Sollar.- (Ademais doutros significados rexistrados) Pórse ao sol.

Lugar de escoita.- Peiteiros (Gondomar)

Fonte.- Marta Dacosta.

 

Xandusco.- Sol, raiola.

Lugar de escoita.- Bisbarra de Bergantiños.

Fonte.- Alberte Suras.

 

Palabras con Memoria é unha sección que coordena a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. Todo o material podes consultalo aquí.

 

Se queres achegar algunha palabra que non apareza nos dicionarios, dirixe as túas propostas ao correo palabra.con.memoria@aelg.org (indicando a palabra, a súa acepción e o lugar en que foi recollida) ou cobre este formulario.



x