Máis de 1.100 alumnos de galego no Bierzo e Sanabria

Máis de 1.100 alumnos de galego no Bierzo e Sanabria

Son 121 máis que no curso anterior. Hai 19 centros de ensino onde se imparte o noso idioma


Un total de 1.101 alumnos do Bierzo e Sanabria estudan galego neste curso, un número superior aos 980 que o facían no curso pasado, 2016-17. Son datos ofrecidos pola comisión de seguimento do Programa de promoción da lingua galega no Bierzo e en Sanabria, asinado polos gobernos galego e castelán leonés no ano 2001.

 

Da docencia do galego nestas zonas estremeiras ocúpanse oito mestres e catro profesores que imparten aulas nos 19 centros adscritos, dos cales catorce son CEIP ou CRA, catro IES e a Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada. 88 alumnos e alumnas pertencen ao CRA Cubillos del Sil de León, que se incorpora este curso ao programa.

 

Embora estes datos, desde alumnos e docentes advertiron durante estes anos nos riscos e trabas para o galego no Bierzo, ao tempo que demandaban o dereito a estudar neste idioma na comarca, lembrando que o propio estatuto de Castela-León di que o galego gozará de "respecto e protección"  nas zonas onde ten uso habitual. 



x