Mallando no android lanza a campaña polo #AndroidEnGalego

Mallando no android lanza a campaña polo #AndroidEnGalego

O espazo web que ofrece información sobre Android en galego, promove unha campaña para demandar a Google a incorporación da lingua propia neste sistema operativo que empregan xa no 90% dos smartphones do país. 


 

"Porque si, porque nos gosta, porque queremos e nos dá a gaña". Con estas verbas e parafraseando a Celso Emilio Ferreiro Mallando no android explica ao xigante informático e proxenitor do sistema android (Google) a razón pola que máis de tres millóns de persoas empregan a lingua propia da Galiza. Aliás, demandan a Google que inclúa 

A través dunha campaña de recollida de apoios en Change.org, o editor de Mallando no Android, Iago Varela --colaborador de Sermos Galiza-- botou a andar a campaña a prol do #androidengalego. No entanto, animan a levar a cabo unha estratexia máis ampla que inclúe o envío de mensaxes directas a través do fío (Issue 39470) , solicitando o sistema Android en galego.

A iniciativa conta de maneira inicial co apoio de operadoras como R cable empresas de desenvolvemento de aplicacións (Smart GalApps, Neobit Studio, RedInput, Zadia Software, Mobialia) e distribuidores coma Hardgalicia mais continúa recadando apoios individuais a través do sitio web en que se desenvolve a campaña coa que instan a Google a incorporar o galego entre as linguas en que se pode aplicar este sistema operativo. 

Aliás, animan a visibilizar e difundir a iniciativa nas redes sociais a través do hastag #AndroidEnGalego!