En Marea denuncia no Congreso a “fixación” da Garda Civil de Gondomar contra o galego

En Marea denuncia no Congreso a “fixación” da Garda Civil de Gondomar contra o galego

Alexandra Fernández pregunta ao Ministerio de Interior pola “manía persecutoria” do cuartel de Gondomar coa lingua galega.


En Marea levou ao Congreso español o que considera “fixación” da Garda Civil de Gondomar contra o galego. Fíxoo a través de dúas preguntas dirixidas ao Ministerio do Interior.  “Cre o Goberno que se xustifica esta actitude da Garda Civil de Gondomar cando os sinais de tráfico interurbanos levan instalados desde hai moitos anos?”, pregunta a deputada Alexandra Fernández.

 

A parlamentar explica que se trata de sinais de dirección prohibida que se identifican por si mesmas, que “só incorporan un texto en galego que recolle a excepcionalidade e que os veciños e as veciñas entenden sen problema. O que fai a Garda Civil é crear un problema onde non o hai, xeran un problema inexistente”. Fernández lamenta “a fixación que este posto da Benemérita ten coa lingua galega que chega a extremos incomprensíbeis”. 



x