A Mesa acusa Ciudadanos de querer “dar amparo legal á vulneración dos dereitos lingüísticos”

A Mesa acusa Ciudadanos de querer “dar amparo legal á vulneración dos dereitos lingüísticos”
Albert Rivera en Vigo (Foto: Ciudadanos)
Albert Rivera en Vigo (Foto: Ciudadanos)  

“Como se poden prestar servizos á cidadanía sen coñecer a súa lingua?”, pregúntase a entidade


A Mesa pola Normalización Lingüística critica con dureza a iniciativa de Ciudadanos de suprimir as linguas galega, vasca ou catalán como requisito para a fundación pública. A entidade lembra que é o funcionariado quen presta servizos para a mellor atención á cidadanía e que esta atención, for ou non presencial, require o coñecemento das linguas que o administrado ten dereito de empregar. Para o presidente da Mesa, Marcos Maceira, esta proposta “só pretende restrinxir ou prohibir o exercicio do dereito das e dos cidadáns a se dirixiren na súa lingua á administración e a ser atendidos e entendidos nela, calquera que for o trámite”.

 

Tamén lembra tamén a entidade que esta limitación xa existe na práctica, “por moito que a lexislación internacional, estatal e nacional non a amparen”. A Mesa insta os responsábeis de Ciudadanos “a se informaren e repararen en que ningunha oposición á administración do Estado existe o requisito de coñecemento”.  Segundo indicou o presidente da Mesa, “o máis habitual hoxe é que grande parte dos trámites na Seguridade social ou en facenda non se poidan realizar en galego”.

 

“Agora pretenden prohibir de novo o uso do galego culpabilizando ás vítimas e negando dereitos humanos básicos como non padecer discriminación por razón de lingua”, denuncian.

 

Esta iniciativa de Ciudadanos “contra a pluralidade lingüística, e contra a lingua galega en particular”, non é nova, explica A Mesa. No concello de Ferrol este partido xa quixo derrogar a Ordenanza de normalización Lingüística. Baixo o argumento falaz da obrigatoriedade pretende prohibir a utilización da lingua propia na administración. O avanzado neste dereito foi unha conquista da sociedade galega que se mobilizará ante calquera retroceso”.

 

Maceira instou tamén ao Partido Popular de Galiza a se posicionar con claridade e a Xunta de Galiza a exercer activamente as súas obrigas de defensa e promoción da lingua galega.



x